lunes, 23 de noviembre de 2015

SALÓN UNITOUR CORUÑA

O vindeiro 16 de Decembro en Palexco, celebrarase o Salón de Orientación Universitaria UNITOUR. Pode resultar unha actividade interesante para o alumnado de Bacharelato. Trátase dunha actividade de autorientación. O alumno/a pode ir informándose polos diferentes stands sobre a oferta educativa, o acceso ou calquera outra cuestión das universidades participantes. Moitas das universidades son privadas pero teredes persoal das universidades galegas para realizar as consultas que queirades. Na páxina web do Salón podedes atopar o listado de entidades participantes. 

O horario de tarde é de 15:30 a 17:30 e a entrada é libre.